As opcións cambian en función de que esteamos a falar de alumnado ou profesorado.

O alumnado, polo xeral, realiza integramente o módulo de FCT (Formación en Centros de Traballo) ou ben fan prácticas en empresa unha vez rematan o ciclo (recén titulados). A maiores existe outra opción, se ben, ata o momento, aínda non houbo alumnado interesado. Estamos a falar das mobilidades de estudios que permiten cursar parte dos módulos profesionais no estranxeiro.

O profesorado pode realizar prácticas en empresa, facer estadías en centros educativos, asistir a cursos de formación ou impartir docencia.