O máis importante de todo é a ilusión e a gana de participar no programa. A experiencia que vos ofrece Erasmus + é marabillosa pero depende moito da vosa actitude.

Ademais da ilusión, é moi importante tamén a túa personalidade. En moitas ocasións, o alumnado do CIFP Someso está só no estranxeiro e debe manexarse pola súa conta en todos os aspectos da súa estadía. Polo tanto, canto máis dinámico e independente sexas, máis doado será para ti.

O aguante é importante, sobre todo, ó comezo da estadía. As primeiras semanas son as máis difíciles pois é cando comezas a vivir nun entorno completamente alleo ao teu, sen familia, parellas, amigos, etc. Non hai que achicarse, hai que estar activo e receptivo ás opcións que vos vaian aparecendo na empresa, supermercado, no bar onde almorzas, etc.

Por último, a túa competencia profesional tamén é importante. É certo que aínda estás estudiando, que non es un profesional, pero canto mellor sexas no teu, máis te valorarán na empresa. De tódolos xeitos, é moi importante encaixar ben na empresa, cos compañeiros. A humildade, seriedade, actitude e puntualidade no traballo son básicas.