A cantidade que vas recibir depende do grado do ciclo formativo que esteas cursando. Os alumnos de grao medio teñen unhas becas mellores que as dos alumnos de grao superior. Isto débese a que se quere aumentar as mobilidades deste tipo de alumnado con respecto ao outro.

A cantidade final vai depender da convocatoria á que pertence o proxecto aprobado, do país de prácticas e da duración real das prácticas.

En xeral, os alumnos de grao superior deben ter aforros propios que lles permitan facer as prácticas fóra pois a súa beca é bastante xusta.

Por exemplo, con números pertencentes á convocatoria de 2016, sendo Italia o país de destino e considerando unha estancia de 2’5 meses, os alumnos de grado medio tiveron unha beca de 2800 € aproximadamente  mentres que os de grao superior tiveron unha beca de 1000 €.