No apartado de preparación lingüística da sección internacional coméntase polo miúdo todo isto. En xeral podemos dicir que é moi importante. En ocasións é un requisito, é dicir, sen un mínimo de dominio da lingua de traballo antes de marchar ao estranxeiro, hai empresas ou centros de FP estranxeiros que non van colaborar connosco. De feito, hai ocasións nas que terás que superar entrevistas por teléfono ou Skype.
Debes ter en conta que canto mellor manexes a lingua do país onde vas ou, no seu defecto, outra que che sirva para comunicarte alí, vas a disfrutar moito máis da túa experiencia. Tanto na empresa como no teu tempo libre.
Se o teu sector profesional supón un traballo directo con clientes ou precisa de manexar moita documentación ou traballar en oficina, é conveniente que te tomes moi en serio o idioma.

