Todos os alumnos con beca Erasmus+ deben ter, obrigatoriamente, un seguro que teña ámbalas dúas coberturas.

No caso da FCT, vas estar cuberto durante a túa xornada laboral e nos desprazamentos “in itinere” (casa ao traballo e do traballo a casa) polas pólizas contratadas pola Consellería de Educación.

Porén, isto non é abondo pois non cubre o resto da xornada diaria. Polo tanto, vas ter que contratar outro seguro de características similares.

No caso das prácticas como recén titulada/o, a única opción que tes é a de contratar unha póliza similar á comentada no parágrafo anterior.

O custe deste seguro privado debe pagalo a/o alumna/o. O CIFP Someso axudarache na súa contratación.