En principio, unha vez estea confirmada a empresa de prácticas, terás vía libre para comprar os billetes de avión. O CIFP Someso axudarache nesta xestión.
Debes ter en conta que, dependendo do xeito de procura da empresa de prácticas, a confirmación da cidade ou, incluso, país de prácticas, pode tardar bastante. Isto pode encarecer os prezos.
O mesmo aplica tamén cando tes dúbidas de aprobar todos os módulos en marzo e tes que esperar á avaliación para saber se aprobas todo ou non.
Polo xeral, vas ter que adiantar o custo do billete de avión. Ten presente que, no caso de que suspendas algún módulo en marzo, perderás eses cartos.

