En principio, unha vez estea confirmada a empresa de prácticas, terás vía libre para organizar o aloxamento. O CIFP Someso axudarache nesta xestión.

A idea é que ti teñas a última palabra con respecto ó aloxamento.

As opcións máis comúns estes últimos anos son os pisos compartidos.

Polo xeral, as mellores opcións atópanse buscando directamente xa en destino. Isto, porén, é un pouco estresante. Ás veces, os nosos socios poden axudarnos con esta cuestión.