O primeiro que che recomendamos é ter paciencia.

Debes ter en conta que acabas de chegar a un sitio onde ninguén te coñece e que, a pesar de ter case rematado un ciclo, en xeral, ninguén te vai poñer a traballar ó 100% ata que non teña un mínimo de confianza en ti e nas túas habilidades. No caso de traballos nos que se traballa directamente sobre persoas, isto é aínda máis claro.

Non todas as empresas funcionan do mesmo xeito. Algunhas tardan máis en darche a alternativa pero non debes esquecer que estás nun entorno real de traballo e que tes a posibilidade de aprender por observación.

É moi importante a túa disposición e actitude no traballo. Recomendámosche que esteas moi pendente de todo e que te ofrezas a axudar aos teus compañeiros. Estes detalles son sempre ben recibidos.

Por último, toma en serio o idioma. Canto antes sexas capaz de falar unhas palabras e comunicarte un pouquiño, antes mellorarás o teu status na empresa.