No caso das mobilidades de profesorado do CIFP Someso espérase unha implicación por parte de cada un dos participantes na procura da opción de mobilidade máis interesante para eles. O coordinador de programas internacionais colaborará con eles nesta tarefa.

Unha primeira opción son os socios empregados polo CIFP Someso na organización das mobilidades dos seus alumnos, porén, esta non é a única opción.