O profesorado non ten acceso a unha preparación lingüística específica no marco das becas Erasmus+. É desexable que teña unhas competencias lingüísticas mínimas na lingua de traballo empregada durante a súa mobilidade.

A única opción para mellorar as súas competencias neste eido a través do CIFP Someso son as actividades programadas no centro coa colaboración do auxiliar de conversa, sempre e cando se poidan levar a cabo.