Non temos unha garantía do 100% de que apareza a túa empresa de prácticas. Sobre todo, cando a buscamos pola nosa conta: ben a través dos teus contactos, ben a través dos do CIFP Someso.
No caso das empresas intermediarias sí existe esa garantía pois a empresa non cobra nada se non te da colocado. Obviamente, vai facer todo o posible porque marches xa que así cobra.
Estes últimos anos, a meirande parte dos alumnos interesados en Erasmus+ optaron por buscar pola súa conta e coa axuda do CIFP Someso. Sen embargo, non sempre apareceu a empresa de acollida.

