Dependendo do tipo de beca, Erasmus+ ou FCT da Consellería, os pagos da beca son diferentes.
No caso das becas Erasmus+, recibirás entre o 80-90% da súa beca antes de comezar a mobilidade ou, como moi tarde, nas primeiras semanas da túa mobilidade. O resto da beca recibirala cando remates as prácticas, entregues toda a documentación e se pechen todos os trámites asociados á túa mobilidade.
No caso das becas da Consellería, recibirás o 100 % da beca varios meses máis tarde logo de rematar as prácticas. O tempo de espera dependerá do periodo no que as fagas: abril a xuño ou setembro a decembro. De tódolos xeitos, debes contar cun mínimo de 3 meses de espera.

