Tes dúas opción: facer a FCT ou facer unhas prácticas como recén titulado.

No caso da FCT, os periodos habilitados para facer a FCT son os comprendidos entre abril e xuño, setembro e decembro ou xaneiro e marzo.

Non esquezas que para poder facer a FCT no estranxeiro, teñas ou non beca Erasmus+, é obrigatorio estar matriculado. Hai prazos moi estrictos respecto a isto. Podes obter máis información na secretaría do centro.

No caso das prácticas como recén titulado podes facelas dentro dos 12 meses posteriores á data da avaliación final onde remataches o ciclo, sempre e cando as remates antes desa data.

Neste caso non hai periodos establecidos para marchar. Iso si: debes poñerte dacordo co CIFP Someso na planificación desta mobilidade.