No apartado de preparación lingüística da sección internacional coméntase polo miúdo todo isto e as opción que tes dentro e fóra de Someso.

Dende logo, se tes claro que queres probar marchar fóra, o noso consello é que non esperes ao último día para estudar algo do idioma que vas manexar alá. No caso do inglés, todos vós tedes unha base logo de facer ESO ou bacharelato. A pouco que traballes un pouco todos os días durante unhas semanas, de 15 a 30 minutos, con regularidade, notarás unha melloría.

Lémbrate que todos os alumnos con beca Erasmus+ teredes acceso a un curso online que vai estar activo varios meses, antes da mobilidade e durante. O único que precisas é un pouco de ganas. Este curso ofrécese a través dunha plataforma online chamada OLS.

Deberás facer, obrigatoriamente, un exame a través de OLS para ver cal é o teu nivel. O resultado do exame non ten importancia, só serve para xerar o curso.