En xeral, a dinámica a seguir no caso das becas Erasmus + para profesorado é moi semellantes ás de alumnado. As diferencias máis salientables radican no importe da beca e na organización da mobilidade.
Neste caso, os participantes das mobilidades son adultos que poden implicarse activamente na xestión da súa mobilidade. Con todo, o CIFP Someso está á súa disposición para axudarlles na procura dunha opción formativa que sexa da súa interese por medio dos nosos socios.
“Grosso modo”, as cuestións relativas á burocracia, prazos de pago das becas, seguro e enquisas unha vez finalizada a mobilidade son semellantes. De tódolos xeitos, calquera dúbida que se teñan ó respecto, poden consultarse ao coordinador de programas internacionais a través do seu email.

