Recomendámosvos que busquedes información sobre o país de acollida: costumes, lingua, cultura, gastronomía, turismo, etc. Canto máis saibas del, mais sinxelo será para ti encaixar con eles.
Debes ter en conta que o carácter e as costumes poden cambiar moito dun país a outro. Cousas que aquí non son importantes para ti, alá poden ser unha falla de respecto.
Sempre é importante comezar con bo pé.
Bótalle un ollo tamén ás recomendacións para estudantes Erasmus que publica o Ministerio de Asuntos Exteriores e que podes atopar no apartado de documentación na sección de internacional.

